A Cabeza de Medusa (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO) - Softcover

9788499140988: A Cabeza de Medusa (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)
Alle Exemplare der Ausgabe mit dieser ISBN anzeigen:
 
 
. idioma gallego. .

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Reseña del editor:
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, " unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve " . A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
Biografía del autor:
Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega. Colaboradora das revistas " Nó " , " Luzes de Galiza " e " Festa da palabra silenciada " . Como narradora ten publicado: " A formiga coxa " (Xerais 1989), novela xuvenil; " O rescate do peneireiro " (Xerais 1990), novela xuvenil; " Tránsito dos gramáticos " (Xerais 1993), novela; " Nogard " (1994), novela xuvenil; " A expedición do Pacífico " (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; " Lobos nas illas " (Xerais 1996), relatos; " Agardando polos morcegos " , conto incluído no volume " Antoloxía do conto galego de medo " (1996); " O trasno de Alqueidón " (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; " A Compañía Clandestina de Contrapublicidade " (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; " Desaforados muños " , relato incluído en " Airadas palabras " (1998), Premio Manuel Murguía; " A banda sen futuro " (Xerais 1999), novela, Premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; " Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón " (1999), conto infantil; " Unha presa de terra " (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; " O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín " , incluído en " Contos para levar no peto " (Xerais 2001); " Teoría do caos " (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; " Paxaros de papel " (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez; " O chápiro verde " (2001, Xerais 2003), conto infantil; " Basilisa, a princesa sapiño " (2002), conto infantil; " Rúa Carbón " (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e " A Cabeza de Medusa " (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixagalicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. Un relato en ''Materia prima'' (Xerais 2002); " Palabras descarreiradas " , relato incluído en " Longa lingua " (Xerais 2002) e ''O coitelo en novembro'' (Xerais 2010). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por " Catálogo de velenos " (1999), o premio Caixanova por " Mudanzas " (2008), tendo publicado, ademais, o volume " Desmentindo a primavera " (Xerais 2003) e " Ovella descarreirada " (Xerais 2014). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada " Os Escachapedras " , e publicou a biografía " Castelao segundo Rañolas " (2000). Traduciu do inglés para o galego " A caza do carbairán " (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario " Muller ceiba " (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio " Dubidar para aprender " (Xerais 1996). É coautora, xunto con Fina Casalderrey, de " María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco " (Xerais 2018).

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

  • VerlagEdicións Xerais
  • Erscheinungsdatum2010
  • ISBN 10 849914098X
  • ISBN 13 9788499140988
  • EinbandTapa blanda
  • Anzahl der Seiten224
  • Bewertung

Gebraucht kaufen

Gut/Very good: Buch bzw. Schutzumschlag... Mehr zu diesem Angebot erfahren

Versand: EUR 9,00
Von Deutschland nach USA

Versandziele, Kosten & Dauer

In den Warenkorb

Weitere beliebte Ausgaben desselben Titels

9788497829007: A Cabeza de Medusa (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)

Vorgestellte Ausgabe

ISBN 10:  849782900X ISBN 13:  9788497829007
Verlag: Edicións Xerais, 2008
Hardcover

Beste Suchergebnisse beim ZVAB

Beispielbild für diese ISBN

Aleixandre, Marilar
Verlag: Edicións Xerais (2010)
ISBN 10: 849914098X ISBN 13: 9788499140988
Gebraucht Softcover Anzahl: 2
Anbieter:
medimops
(Berlin, Deutschland)
Bewertung

Buchbeschreibung Gut/Very good: Buch bzw. Schutzumschlag mit wenigen Gebrauchsspuren an Einband, Schutzumschlag oder Seiten. / Describes a book or dust jacket that does show some signs of wear on either the binding, dust jacket or pages. Artikel-Nr. M0849914098X-V

Weitere Informationen zu diesem Verkäufer | Verkäufer kontaktieren

Gebraucht kaufen
EUR 5,59
Währung umrechnen

In den Warenkorb

Versand: EUR 9,00
Von Deutschland nach USA
Versandziele, Kosten & Dauer
Beispielbild für diese ISBN

Marilar Aleixandre
Verlag: Edicións Xerais (2010)
ISBN 10: 849914098X ISBN 13: 9788499140988
Gebraucht Softcover Anzahl: 1
Anbieter:
Hamelyn
(Madrid, Spanien)
Bewertung

Buchbeschreibung Zustand: Muy bueno. : Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, "unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve". A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura. EAN: 9788499140988 Tipo: Libros Categoría: Juvenil|Novelas y ficción literaria Título: A Cabeza de Medusa Autor: Marilar Aleixandre Editorial: Edicións Xerais; edición (12 febrero 2010) Idioma: GL Páginas: 224 Formato: Tapa blanda Peso: 226 Año de publicación: 2010. Artikel-Nr. Happ-2024-04-01-332e9f3f

Weitere Informationen zu diesem Verkäufer | Verkäufer kontaktieren

Gebraucht kaufen
EUR 6,87
Währung umrechnen

In den Warenkorb

Versand: EUR 16,99
Von Spanien nach USA
Versandziele, Kosten & Dauer
Beispielbild für diese ISBN

Marilar Aleixandre
Verlag: Edicións Xerais (2010)
ISBN 10: 849914098X ISBN 13: 9788499140988
Gebraucht Softcover Anzahl: 1
Anbieter:
Hamelyn
(Madrid, Spanien)
Bewertung

Buchbeschreibung Zustand: Bueno. : Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, "unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve". A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura. EAN: 9788499140988 Tipo: Libros Categoría: Juvenil|Novelas y ficción literaria Título: A Cabeza de Medusa Autor: Marilar Aleixandre Editorial: Edicións Xerais; edición (12 febrero 2010) Idioma: GL Páginas: 224 Formato: Tapa blanda Peso: 226 Año de publicación: 2010. Artikel-Nr. Happ-2024-05-10-95f6feb1

Weitere Informationen zu diesem Verkäufer | Verkäufer kontaktieren

Gebraucht kaufen
EUR 6,87
Währung umrechnen

In den Warenkorb

Versand: EUR 16,99
Von Spanien nach USA
Versandziele, Kosten & Dauer